jueves, 6 de octubre de 2016

FLORA ABRE DE NOVO AS PORTAS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes o pasado luns 3 de outubro Flora abriu de novo a súa biblioteca para todos  os nenos e nenas da escola, así como para as súas familias.

Este ano trae moitas novidades  porque durante o verán estivo argallando novas aventuras para compartir con todos nós.  A primeira delas foi a entrega, este mércores, das primeiras mochilas viaxeiras.

Flora quedou encantada co recibimento e agarda ter moitas visitas todos os días, de feito xa está pensando na seguinte sorpresa para vós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario