14 de mar. de 2024

DÍA DA MULLER

Outra vez por aquíííí....!!

O pasado venres, para conmemorar o 8M, coa colaboración da Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove, tivemos no pavillón municipal unha actividade conxunta a Escola de Educación Infantil, o noso cole, o IES Illa de Sarón e o Centro da terceira idade do noso concello.

Entre tod@s "construímos" unha árbore na que estaban os pensamentos e desexos de tod@s @s participantes, ademais de ler algúns deles. O alumnado de Secundaria fixo lectura dun manifesto. Por último, soltáronse globos de cor violeta dentro do pavillón.

Aquí tedes algunha foto.





6 de mar. de 2024

8 DE MARZO

 Olaaaaa!!!

O próximo venres, día 8 de marzo, é o Día Internacional da muller. Unha data moi importante para tod@s para entender a loita de todas as mulleres que viviron antes ca nós. Debemos coñecer a nosa historia, para formar un sentido crítico, que nos permita entender o que ocorría antes e valorar todos os logros conseguidos e seguir traballando ata conseguir a igualdade.

Para axudar a entender o por que deste día, aquí tedes uns vídeos. 

 





Aquí tedes tamén unha canción das Fillas de Cassandra, LISÍSTRATA (varre vasoira).


Tedes tamén libros na Biblioflora.


  

Boas lecturas!!!!


 





 

5 de mar. de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Que tal estades??

                    O Día 23 foi o Día de Rosalía e nós quixemos celebralo seguindo a proposta da AELG. Clicade no cartel para coñecer o manifesto desta asociación, redactado por Carlos Callón.

                          Día de Rosalía de Castro 2024 - CIG Ensino

                                                     

  O lema para desenvolver as actividades foi  #oamordapatriagalega

Así quedaron os nosos traballos. 


Ademais, o alumnado de 2º de Primaria recitounos a biografía de Rosalía de Castro, tal e como aparece no libro da editorial Cumio, que temos en Biblioflora.

Rosalía de Castro (edición en español)

Dúas alumnas de 4º de Primaria recitaron  "Quíxente tanto meniña..."

 
E o alumnado de 6º de Primaria cantounos a canción de "Rosalía pequeniña" .
 
 
Foi un día moi bonito!!



1 de mar. de 2024

UN ENTROIDO DE CINE

 Como ides???

Tivemos un Entroido de cine!! Cada curso ou ciclo foi disfrazado representando unha película. Aquí tedes!!

O alumnado de 3º e 4º de Primaria, que foron da película Wonka

O alumnado de Infantil foi da película Os Minions
 


 
O alumnado de 1º de Primaria foi de Os Dálmatas
 
 
O alumnado de 5º de Primaria foi de A familia Adams
 

 
O alumnado de 2º de Primaria foi de O Mago de Oz

Que ben o pasamos!!! Saímos por Xove, a facer un recorrido. E menos mal que a chuvia aguantou !! 




8 de feb. de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Olaaa...

O próximo domingo é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta celebración está impulsada pola Organización de Nacións Unidas, para promover e destacar a participación das mulleres e as nenas no ámbito científico e tecnolóxico. O obxectivo é sensibilizar sobre a fenda de xénero que aínda existe nestes dous campos; fomentar que estuden e traballen nestas áreas; e garantir a igualdade de oportunidades na educación e na investigación científica.

Aquí tedes uns cantos vídeos cos que podedes traballar na clase.

                 Mujer maestra y niña científicas estudiantes mirando diapositiva de microscopio de vidrio a través de la lupa - foto de stock

                 joven científico trabajando en el laboratorio - mujeres cientificas fotografías e imágenes de stock           

                 viendo de cerca - mujeres cientificas fotografías e imágenes de stock

                 maestro feliz asistiendo a la escuela de niñas en la reparación de componentes de la computadora en el aula. - mujeres cientificas fotografías e imágenes de stock



DÍA DA PAZ

 Ola rapazada!!!

Rematamos xaneiro celebrando o Día da paz. Entre todo o alumnado, elaboramos un símbolo da paz feito con grúas, para agasallar ao Centro da terceira idade de Xove.

O alumnado de 2º de Primaria leu o libro Me llamo Maryam, de Maryam Madjidi, da editorial Blackie Books e que lles servíu como introdución para falar d@s refuxiad@s. 

                                  

Ademais, tamén traballaron con outros libros da biblioteca relacionados coa temática do mes.